Consultar ensayos de calidad


Apuntes de antropologia - Historia do problema da orixe do ser humano: As teorías da evolución



1. Historia do problema da orixe do ser humano: As teorías da evolución.

Nos nosos días a teoría da evolución por selección natural é incuestionable: esta explica como a partir de certa enerxía inicial, a vida foi evolucionando lentamente e acadando formas de maior complexidade ata chegar ao ser humano actual.
Pero durante séculos foi a teoría fixista a que explicaba o problema: “As especies son invariables, son fixas a través do tempo”. O cristianismo deulle o enfoque relixioso a esta teoría, facéndoa coincidir co relato bíblico do Xéneses (creacionismo): “Foron creadas por Deus tal e como as coñecemos agora”.

Evolucionismo biolóxico é a teoría que explica como os diferentes seres vivos que hai na actualidade proceden duns antepasados comúns que foron cambiando ao longo do tempo.



1.1 Lamarck: Teoría da evolución por adaptación ao medio.

Con Lamarck temos a primeira formulación teórica do evolucionismo. A principios do século XIX publica Filosofía zoológica. Adaptación ao medio: a vida desenvólvese nun medio determinado no que se poden producir cambios. Os cambios orixinan unhas necesidades de adaptación as novas circunstancias. Estas necesidades determinaron o desenvolvemento/atrofia de certos órganos e a aparición de órganos novos. Polo tanto “a función crea o órgano”.
Na actualidade non se aceptan as teorías de Lamarck porque non explica como se herdan as modificacións “adquiridas”. Os científicos coinciden en que nun individuo pode haber un desenvolvemento espectacular nalgún dos seus órganos por mor do uso continuado dos mesmos, oque é facilmente comprobable; por exemplo, o desenvolvemento muscular que “adquiren” algúns atletas. Pero, o que non aceptan é que dito desenvolvemento sexa herdable, pois a filla do atleta non tera a súa musculatura se non fai o mesmo exercicio.

1.2. Darwin: Teoría da evolución por selección natural. A loita pola existencia.

“A potencia da poboación é indefinidamente superior a potencia da terra para producir sustento para a humanidade (). A poboación sen controlar aumenta en progresión xeométrica, mentres que o alimento so crece en progresión aritmética.” (Malthus)


-Deste texto podemos tirar a idea da loita dos individuos polo alimento, entón, quen sobrevivira?

“O mais sorprendente que se ofrecía aos meus ollos era verme rodeado de novas aves, novas plantas, novos réptiles, novos moluscos e novos insectos que diferían polos pequenos detalles de estructura, pola tonalidade da súa voz ou da plumaxe, no caso das aves, daqueles que vira nas chairas temperadas da Patagonia ou no calido deserto do norte de Chile.
O feito mais sorprendente e importante para nós é a afinidade que existe entre as especies que viven nas illas e as da terra firme mais próxima sen que sexan realmente as mesmas.
Como de cada especie nacen moitos mais individuos dos que poden sobrevivir e, en consecuencia, existe unha loita constante pola existencia, dedúcese que calquera ser, se se modifica aínda que sexa lixeiramente dalgunha forma vantaxosa para si mesmo, tera mais probabilidades de sobrevivir e, desta maneira, é seleccionado naturalmente.
Esta conservaciónde diferencias e variacións individuais favorables e a destrucción das prexudiciais, chameina selección natural ou supervivencia do mais apto.”
Darwin: El origen de las especies. 1859
– ¿Sabes algo da viaxe que realiza Darwin a bordo do Beagle?
– Indaga quen foi Malthus ¿Onde atopas a influencia de Malthus neste texto?
– ¿En que consiste a evolución das especies según Darwin?
-¿Sabes quen foron e que fixeron Copérnico e Galileo? Podes comparalo con co que supuxo a teoría evolucionista?

A mediados do século XIX Darwin publica A orixe das especies por selección natural onde fai unha formulación rigorosa do evolucionismo. Wallace descobre a teoría simultaneamente. Ao contrario de Lamarck, Darwin “vai do vivente ao medio”; non é un proceso de adaptación, senón de selección natural. Os individus de cada especie compiten polos recursos nun medio cambiante e no medio sobreviven os mais aptos, é dicir, os dotados de condicións mais vantaxosas para facer fronte a eses cambios.
Tanto Wallace como Darwin admitían claramente que as especies varían e diversifícanse dando lugar a outras novas. Explican esta variación acudindo a selección natural. A poboación de cada especie tende a aumentar en progresión xeométrica, o que fai que escasee o alimento e dificulte a vida na comunidade (influencia de Malthus).
Darwin retomando esta idea dos recursos limitados conclúe que sumados ao cambio ambiental non todos os organismos sobreviven igual, o que implica que sobrevive o que ten pequenas variacións con respecto aos da súa especie que lle permitenalimentarse e reproducirse mellor.
Os seres vivos loitan pola súa existencia, isto é, polo alimento e a reproducción. Os individuos mais fortes que teñen mellores órganos para a defensa e a alimentación, son tamén os que mellor se reproducen transmitindo aos seus descendentes os seus caracteres.
A selección natural é un proceso negativo: é o medio que elimina aos individuos que non estan adaptados a ese ambiente, os que non teñen os caracteres adecuados para se alimentar. Por exemplo, ter un pico longo e flexible nunha estación na que o único alimento dispoñible son froitos de cascara dura.
Así, de forma lenta pero continua, a especie vai variando, os novos individuos van estando cada vez mellor adaptados ao medio no que viven, debido a achega hereditaria dos proxenitores.Pero o principal defecto da teoría de Darwin esta na falta dunha teoría axeitada da herdanza biolóxica, que acertara coa causa das variacións que amosan os seres vivos, e que explicase tamén como se transmitían aos descendentes. Precisabase unha teoría da herdanza que explicara como se orixinaban as variantes hereditarias sobre as que actúa a selección e como estas variantes se transmitían.
A teoría evolucionista supón unha revolución copernicana que neste caso consiste en apartar ao ser humano do centro do mundo, onde inxenuamente o colocara a civilización occidental. Darwin negoulle ao home a pretensión de ser unha criatura especial, obrigandoo a recoñecerse como unha das tantas especies biolóxicas seleccionadas por procesos naturais. Podemos dicir que supuxo un duro golpe ao narcisismohumano como tamén o seran a psicanalise e a teoría da relatividade.



1.3. Teoría sintética ou neodarwinista. A transmisión a descendencia: a xenética.

Co nacemento da xenética, os traballos de Mendel, os estudios das mutacións e o material hereditario complétase a teoría evolucionista. Hoxe sabemos que os responsables dos caracteres biolóxicos herdables dos seres vivos son os xenes. Estes son os compoñentes de longas cadeas de ADN (acido desoxirribonucleico) que pola súa estructura molecular permite o almacenamento da información hereditaria e a fiel reproducción desta para a súa posterior transferencia aos descendentes. Cada xene é responsable da información dun caracter determinado (cor dos ollos, grupo sanguíneo) Os xenes, que estan situados nos cromosomas, son transmitidos aos descendentes polas células reproductoras (óvulos/espermatozoides). Esta transmisión esta rexida polas leis de Mendel.
Nos xenes pódense presentar distintas formas alternativas que se manifestaran no individuo que as posúa (cor de ollos azul). Estas distintas formas xorden por mutación, é dicir, por cambios espontaneos na estructura do ADN do xene particular; estas son azarosas e non sempre son proveitosas para os individuos.
O estado da cuestión colle forma coa Teoría sintética ou Neodarwinismo cando no 1930 formulan a teoría intermedia entre a teoría das mutacións e a teoría da selección natural, propoñendo ambas como procesos complementarios entre si. As mutacións prodúcense ao azar, algunhas destas son favorables cara a adaptación do individuo ao medio mentres que outraspoden ser prexudiciais. En ambos casos actuara a selección natural xa que os mellor adaptados reprodúcense mellor e os que quedaron peor adaptados desapareceran lentamente. Todos estes cambios son leves, lentos e graduais. A biston betularia é un bo exemplo de selección natural. A finais do século XVIII, antes da revolución industrial, tiña unha cor clara e así mimetizaba mellor sobre a cortiza das arbores cubertas de líquenes. Pero coa contaminación industrial os líquenes desapareceron e a cortiza tornouse escura; as bolboreta claras eran presa facil das aves e as escuras camuflabanse mellor. En pouco tempo pasaron a ser as mais abundantes. Agora coa diminución da polución empezan a recuperarse as poboacións de cor clara

2. A evolución no ser humano:

Como di Haeckel “a orixe do ser humano é a clave para o coñecemento do seu verdadeiro ser”. E T. Huxley di “A orixe do ser humano é a pregunta das preguntas”.
Hoxe ninguén cuestiona a orixe animal do ser humano como froito dun proceso evolutivo moi lento e moi complexo.
A vida apareceu sobre a terra hai mais de tres mil millóns de anos nunhas formas viventes unicelulares, elementais, de orixe acuatica. Nun proceso lento, a vida foi ascendendo a niveis de maior complexidade, pasando de animais unicelulares a pluricelulares, de invertebrados a vertebrados, e a grandes trazos, a orde seguida pola evolución foi de peixes a formas de vida anfibias, posteriormente a formas reptilianas e, a partir destas, as aves e aos mamíferos. Dentro dos mamíferos é onde aparecen os primates, e dentro destes xorden oshomínidos, que daran lugar ao ser humano actual.
Neste lento proceso é o medio que selecciona aos mutantes mais aptos por selección natural. Temos que destacar a evolución do sistema nervioso e a cerebración crecente nos animais superiores ata chegar ao ser humano, no que conflúen a evolución biolóxica e a evolución cultural.

2. 1. A evolución biolóxica ou proceso de hominización:

Cambios anatómicos e fisiolóxicos no proceso de hominización: pe-man-cerebro, neotenia (xuvenilización), perda do estro (celo), alimentación (carne, lume).

“En mutacións sucesivas, a evolución deunos o cerebro; a liña mestra e mais característica desa evolución é unha ascensión cara o cerebro mais grande o do home. Cando sondamos terreos diversos na busca do que foi, e descubrimos os rastros dos nosos antepasados remotos, ¿que atopamos? Unha indicación do seu psiquismo gracias ao volume do seu cranio, e as consecuencias manuais desa intelixencia nos restos de instrumentos de pedra ou de óso; o seu perfeccionamento de idade en idade é signo do progreso intelectual.
O enlace entre a man humana e o cerebro destacase hoxe como mais esencial aínda. Para posuír un cerebro mais voluminoso, compre posuír un cranio mais desenvolvido. É unha circunstancia imposible para un cuadrúpedo, porque non podería soportar ese peso. Por conseguinte, foi necesario que se producise o endereitamento do bípede: os pés e as nalgas, ao permitir a posición erecta, fixeron posible a progresión do cranio e, polo tanto, do cerebro. Ao mesmo tempo, a man deixou de ser pata e, liberada da función locomotrize de apoio, transformouse en órgano de tacto e aprehensión, apto para fabricar e utilizar o instrumento imaxinado polo cerebro. A boca cesou entón de ser fociño destinado a asir, modelandose un rostro capaz dunha mímica mais expresiva que desempeña unha función na palabra articulada.”
Paul Chauchard: El cerebro y la mano creadora, Narcea,. 1972. pags. 18-19.

“A liberdade da man implica case forzosamente unha actividade técnica diferente a dos monos, e o seu despegue durante a locomoción, unido a un rostro curto e caninos ofensivos, impón a utilización duns órganos artificiais que son os utensilios.”
A. Leroi-Gourhan: Le geste et la parole, Ed. Albin Michel, París, 1964.

“No ser humano a situación do recen nacido é absolutamente distinta. Debido a xuvenilización da especie, o neno non pode estar de pé nin andar, nin a súa pelve acadou aínda a súa estructura típica, nin a súa columna vertebral posúe a dobre curvatura en S, nin pode darse a comprender con e como os maiores, pois non dispón daquela dos primeiros elementos de comunicación por medio da palabra ou da mímica. A consecuencia deste estado verdadeiramente humano conségueo o neno ao cabo dun ano de vivir en plena dependencia do medio social que o rodea, ao tempo que se realiza nel un intenso desenvolvemento do seu corpo e do seu cerebro. Existe unha perfecta correlación entre aprender a falar, moverse, pensar, etc. como correspondera a súa vida futura, xa que o home é un ser aberto ao mundo e ao medio ambiente social que o rodea.”
Paul Overhage: “El problema del origen del hombre”,en Adolf Haas: Origen de la vida y del hombre.

“Aínda que xeralmente non adoita celebrarse, e moito menos mencionarse, a menstruación mensual da muller foi a adaptación evolutiva que evitou que a especie humana se extinguise, asegurando a súa supervivencia e triunfo. O estro feminino nos primates superiores é un mecanismo bastante ineficaz. Os grandes primates femias, chimpancés, gorilas e orangutans, rara vez estan celo, e teñen unha cría cada cinco ou seis anos. Isto pon toda a especie en grave perigo de extinción. Na actualidade, só queda un reducido número de grandes primates e unicamente poden sobrevivir nun medio ambiente moi favorable. As mulleres, que contan con doce posibilidades de concibir ao ano, en lugar de unha cada cinco, posúen unha capacidade reproductora sesenta veces maior ca das súas irmas primates. A menstruación, e non a caza, foi o gran paso evolutivo cara adiante.”
Rosalind Miles (1989): La mujer en la historia del mundo.

2. 2. A evolución cultural ou proceso de humanización:

2.2.1. Capacidade simbólica:

“Moitos animais deféndense mediante complexas armazóns externas, como o rinoceronte, ou mediante a velocidade na fuxida, como a cebra, ou mediante as súas temibles poutas o cairos ou cornos, ou, finalmente, tendo tantas crías que, por moitas que morran, sempre sobreviviran algunhas. Pero os homínidos prehumanos, aínda que ben adaptados a súa anterior existencia arborícola, resultaban baixiños e relativamente esmirrados na sabana. Ademais carecían de toda coiraza natural, eran lentos na fuxida, as súas uñas e denteseran inofensivos e tiñan moi poucas crías, quizais unha cada catro anos (tendo en conta os longos períodos da lactancia). Así, pois, se querían sobrevivir, tiñan que bulir, tiñan que adquirir, aprender e transmitir coñecementos, destrezas e habilidades.”
Jesús Mosterín: Historia de la filosofía I. Pensamiento arcaico.

“A cultura consiste no almacén de información e de patróns de comportamento que son transmitidos mediante a formación e a aprendizaxe, mediante o exemplo e a imitación. O papel central na transmisión de cultura non radica nos xenes senón nos sistemas de símbolos humanos”
Dobzhansky, Ayala, Stebbins, Valentine (1980): Evolución. Ed. Omega.

- Explica as ideas dos textos. Intenta poñer en relación os conceptos de hominización e humanización.
- Cales foron os primeiros instrumentos “fabricados” e para que cres que podían ser empregados? De que instrumentos se fala nos libros de texto ou nos documentais divulgativos? Quen os inventa?

2.2.2. Capacidade técnica: primeiros instrumentos, dominio do lume.

“Suxírese ou implica frecuentemente que os primeiros instrumentos foron, de feito, as armas dos cazadores. Os humanos actuais afixéronse tanto a pensar en instrumentos e armas, que é moi doado para nós imaxinar a primeira criatura parecida ao home que colleu unha pedra ou un pao. Sen embargo, dado que non sabemos en realidade que uso tiñan os primeiros instrumentos de pedra tales como as machadas de man, é igualmente probable que non foran en absoluto armas, senón mais ben axudas na recolección. Sabemos que arecolección foi moi importante moito antes de que as proteínas animais puideran engadirse a dieta, e aínda despois continuaron sendo importantes. Os ósos, paos e as machadas de man puideron utilizarse para desenterrar tubérculos e raíces, ou para pulverizar vexetais duros e facilitar así a súa inxestión. Sen embargo, se en lugar de pensar en termos de ferramentas e armas, pensamos en termos de inventos culturais, abresenos un novo aspecto. Creo que dous dos primeiros e mais importantes inventos culturais foron os recipientes para conter os productos da recolección, e algún tipo de correa ou rede para carretar os nenos.”
Sally Linton (1970): La mujer recolectora.

“O lume é en realidade unha adquisición de alcance multidimensional. A predixestión externa dos alimentos pasados polo lume alixeira o traballo do aparello dixestivo; a diferencia do carnívoro, que se sume nun pesado sono dixestivo despois de devorar a súa presa, o homínido, dono do lume, ten a posibilidade de acharse activo e alerta despois de ter comido. O lume libera a vixilia e fai o propio co sono, pois da seguridade tanto a expedición nocturna de cazadores como as mulleres e aos nenos que quedaron no refuxio sedentario; o lume crea o fogar, lugar de protección e de refuxio; o lume permite ao home durmir profundamente, a diferencia dos demais animais, que deben descansar sempre nun estado de alerta. Quizais o lume incluso favorecese o incremento e a liberdade dos soños Por outro lado, a cocción favorece novas mutacións humanizantes que tenden a reducir a mandíbula adentición, así como a liberar a caixa cranial de parte das súas tarefas mecanicas, co que se favorece o crecemento do volume do cerebro”.
Edgar Morin (1974): El paradigma perdido.

- Explica o androcentrismo (perspectiva masculina) nas teorías antropolóxicas que denuncia a autora do primeiro texto.
- Busca en libros de texto fotos ou debuxos da evolución humana. Cantos deles representan o paso de “mona a muller”? Que pode significar isto?
- Explica as vantaxes do descubrimento do lume e como este invento cultural influiu na evolución biolóxica a través da alimentación. Intenta buscar outros exemplos de como a cultura inflúe na bioloxía.

2.2.3. A transmisión cultural.

“Os animais superiores posuímos dous sistemas procesadores de información: o xenoma e o cerebro. O xenoma procesa a información dun xeito extremadamente lento, pero é sumamente fiable coma mecanismo de transmisión e almacenamento. O cerebro procesa a información dun xeito incomparablemente mais rapido, aínda que é menos fiable e eficiente na súa transmisión e almacenamento.Alí onde os cambios do contorno son lentos e moi a longo prazo, o xenoma é o procesador mais eficiente. () Os cerebros son capaces de rexistra-los cambios ó instante, creando e amoreando así unha crecente rede informacional, que recibe o nome de cultura. A cultura é a información que se transmite entre cerebros, é dicir, a información transmitida por aprendizaxe social.
Jesús Mosterin (1994): Filosofía de la cultura. Alianza. Paxs. 15 e 16.

“A linguaxe ten dado ao homecultura e a cultura tense estendido e desenvolvido. A evolución cultural superpúxose a evolución biolóxica. A evolución biolóxica é cega e darwiniana, posto que consiste só na selección de estructuras xenéticas mediante a reproducción. A selección cultural baséase na transmisión e no ensino dos coñecementos obtidos pola experiencia. Por esta razón, a evolución cultural é extraordinariamente rapida. Mellora a adecuación do home ao seu medio, non modificando a constitución xenética da humanidade, senón modificando o medio e facéndoo mais apto para o home”
S.E. Luria: Life the unfinished experiment, cap. 11

“Por natureza, conxenitamente, sabemos face-las cousas mais difíciles e imprescindibles para a nosa sobrevivencia: sabemos respirar e bombea-lo sangue ó ritmo axeitado para o noso organismo, sabemos manter no noso sangue un nivel relativamente constante de temperatura, de presión, de concentración de azucre e de ións de hidróxeno, etc. e sabemos facer todo isto mesmo mentres durmimos. ().
Por cultura, aprendidamente, sabemos andar en bicicleta, sumar números enteiros, ler, cultivar tomates, fritir ovos e agarra-lo garfo como é debido. A cultura vén as veces en socorro da natureza. Cando os nosos ollos xa non saben enfocar axeitadamente, cando o programa xenético que herdamos xa non abonda para enfoca-lo que ollamos, a cultura proporciónanos anteollos graduados con que remediar esa eiva da nosa natureza. () Outras veces a cultura é irrelevante e mesmo contraproducente para a nosa natura. Non esquezamos que por cultura nos poñemos cilicios, fumamos,alcoholizamonos, contaminamo-lo aire que respiramos, torturamos, facémo-la guerra e morremos pola patria.
O individuo, interactuando co contorno, pode adquirir algunha información por si mesmo, por aprendizaxe individual. Pero a meirande parte da información de que dispón a herda dos demais. A información herdada de que dispón un organismo vivo pódelle ter chegado por dúas canles, pola canle xenética ou pola canle da aprendizaxe social. Todo o que o organismo sabe facer () porque esta xeneticamente programado para facelo forma parte da súa natureza. Todo o que o organismo sabe facer, porque aprendeu socialmente a facelo, constitúe a súa cultura. Falando dos seres vivos, natureza é información transmitida xeneticamente; cultura é información transmitida non xeneticamente, senón por aprendizaxe social.”
Jesús Mosterín (1993): Filosofía de la cultura. Alianza Universidad, paxs. 19-20

“A cultura é a resposta que o home da as súas necesidades basicas. A cultura é o modo que o home ten de situarse no mundo. É o comportamento aprendido no seo da sociedade. Poderiamos definir a cultura como o modo de vida dun pobo, como o medio que un grupo de seres humanos que ocupan un territorio común creou a través das súas ideas, das súas institucións, dos seus utensilios, do seu idioma, das súas ferramentas, dos seus servicios e dos seus sentimentos ()
A cultura identifícase ata tal punto coa propia vida que poderiamos dicir, con toda xustiza, que a cultura non se impón a vida senón que é un alongamento da vida. Do mesmo xeito que unha ferramenta amplía eestende as posibilidades da man, así a cultura mellora e enriquece as posibilidades vitais.”
Ashley Montagu (1970): Homo sapiens. Dos millones de años sobre la tierra, Guardiana de Publicaciones,

“A cultura é a nosa segunda natureza”
A. Gehlen: El hombre. Salamanca, Sígueme.

1.- Cal é o método de evolución que “inventaron” os seres humanos?
2.- Desenvolve un suposto sobre un exemplo concreto de evolución cultural.
3.- Que entendes por xenoma e por cerebro e que funcións teñen?
4.- Diferencia a evolución biolóxica da evolución cultural.
5.- Factor determinante da evolución cultural
6.- Por que é tan rapida a evolución cultural?
7.-A evolución cultural é lamarkista. Podes explicalo?
8. Que sabemos facer por natureza e que por cultura?
9.- Definicións de cultura. Explica as interaccións natureza-cultura.
10.- Que significa que a cultura é un “alongamento da vida”? Pono en relación coa frase de S. Giner: “A cultura é, en gran parte, o modo humano de satisfacer as esixencias biolóxicas.”

A evolución humana, como podemos apreciar, xa non se produce soamente por mutacións xenéticas e selección natural, senón tamén por cambios mais rapidos e eficaces provocados polas actividades humanas, é dicir, pola chamada evolución cultural.
Antes do Paleolítico, os antepasados do Homo Sapiens, evolucionaban lentamente e sen que ninguén tivera conciencia deste feito (as escasas modificacións entre xeracións obedecían a mutacións vantaxosas, que prevalecían sobre as desfavorables. Alterabase o código xenético dun xeitocasual e propiciaba transformacións paulatinas na morfoloxía, na fisioloxía e incluso na conducta).
Agora a humanidade sabe que evoluciona e pode actuar sobre esta evolución. A linguaxe foi un paso decisivo porque creou un novo sistema de comunicación entre as xeracións sucesivas. Falando e, moito mais tarde e nalgunhas culturas, escribindo podemos deixar constancia das dificultades, esforzos, acertos e loitas. Deste xeito, as solucións descubertas por eles xa non se perdían, senón que eran transmitidas aos restantes membros da propia xeración e aos das xeracións seguintes. Así deixou de ser necesario que cada individuo partise de cero cando se enfrontase cun medio hostil, e este legado, que podemos chamar cultural, foise acumulando a través das xeracións e fixo posible que os humanos dominaran outras especies animais, substituíran a caza (sempre incerta e difícil) pola domesticación, o pastoreo, a gandería, e trocase a recolección silvestre (sempre aleatoria) por un cultivo da terra mais ou menos racional, relacionado coa astronomía e o ritmo das estacións O ser humano construíu ferramentas, e mellorou a nutrición. Inventou sistemas de locomoción que lle permitiron desprazarse en busca de climas mais benignos e de terras mais fértiles.
Certas culturas humanas puideron dedicarlle mais tempo a observación, a reflexión, ao calculo e foi así como foron creando a filosofía, a ciencia, a política, o dereito que, transmitidos pola linguaxe, foron axudandonos a comprendernos mellor, a vivir con mais comodidade, a convivir con certa orde, a educar a nosa descendencia,a aproveitar case todas as posibilidades que ofrece o noso medio natural.
Existe unha diferencia fundamental entre a especie humana e todas as demais. Os homes e as mulleres constrúen o seu propio futuro, individual e colectivo. A mente humana, como consecuencia do desenvolvemento do cerebro, afasta a nosa especie da natureza en maior medida do que o estan o resto dos animais. O ser humano crea cultura. E este atributo diferéncianos do resto dos viventes; aínda que a etoloxía sinala que toda actividade que sexa por aprendizaxe é cultural, polo tanto no mundo de certos animais tamén hai formas incipientes de cultura.
Na Evolución cultural (na transmisión de coñecementos, pautas de conducta, crenzas) o modo de transmisión é claramente lamarckista. O que se ten adquirido culturalmente mediante instrucción, ou a formación que adquirimos ao longo da vida, pode ser transmitida de xeración en xeración. Aquí non hai intervención xenética. A evolución cultural é moito mais rapida e poderosa ca evolución biolóxica. Por exemplo as aves, para voar, tiveron que desenvolver unhas estructuras anatómicas durante millóns de anos; a humanidade con poucos anos conseguiu unha eficacia sorprendente, podendo mesmo chegar a lúa.
A evolución cultural ou psicosocial, é outra etapa do desenvolvemento evolutivo onde xa non rexen as normas da evolución biolóxica (selección, natural, loita pola vida). Os métodos obxectivos da evolución cultural son diferentes. Hai que contar con grupos sociais, exercicio do poder, desenvolvemento tecnolóxico, progreso económico, etc., que actúansobre a evolución.
O ser humano cos seus “inventos” alterou a marcha da evolución biolóxica, rachando co equilibrio, de xeito que as consecuencias poden ser imprevisibles. Por exemplo, dificilmente se pode falar hoxe de selección natural cando, gracias a medicina, se pode chegar a exercer un control de natalidade que regule as poboacións, transplantes, próteses curacións que permiten a existencia de individuos aos que a selección natural xa tería eliminado. Estas modificacións supuxeron en xeral un avance para o xénero humano. A evolución humana xa non se rexe exclusivamente por factores naturais. Por exemplo, o uso da anticonceptivos modificou profundamente non só o crecemento demografico, senón moitas pautas de conducta e comportamentos.
Somos a un tempo natureza e cultura, é mais, a cultura é a nosa segunda natureza, é como unha segunda pel que se superpón a primeira, sen que saibamos onde empeza unha e onde acaba a outra. Aparecemos conformados por ela de tal xeito que cando un paleontólogo atopa un fósil, presume que se trata dun animal, e soamente cando, ademais, aparece outra serie de obxectos como utensilios, restos do emprego do lume, ceramicas entón empeza a sospeitar que pode tratarse dun ser humano, é dicir, cando presume que pode haber unha cultura.
Ao modificar o medio físico e social, somos productores de cultura e simultaneamente sufrimos os efectos desa mesma cultura, polo que somos tamén un producto do medio cultural que nós mesmos creamos. Pero os grandes avances no dominio das técnicas modifican ao propio ser humano, facendo quecorra o risco de ser dominado por eles. Se a actividade técnica foi o factor mais determinante no proceso de hominización e humanización, podemos preguntarnos ata que punto ela mesma non constituira, nos nosos días, un factor de deshumanización.
Natureza e cultura non son compartimentos estanco: entre unha e outra existe unha interacción permanente, unha rede de influencias mutuas. Esta interrelación é tan forte que podemos afirmar que canto mais natural é un fenómeno (o sexo, a morte, ou actividades biolóxicas elementais como comer, defecar) mais acción da cultura se exerce sobre el, impregnandoo de sentido, asimilandoo por medio de símbolos, normas e ritos.

3. Diferencias por raza. A problematica racial. O racismo pseudocientífico.

“Faleceron dous cidadans norteamericanos que cambiaron o mundo. Primeiro morreu ela, Rosa Parks, unha modesta costureira negra de Alabama que un bo día de 1955 simplemente se negou a ceder a un branco o seu asento no autobús, como era obrigatorio por aquel entonces nos transportes públicos. Polo seu xesto, tan comprensible, foi detida e procesada.
Entón entrou en escena o noso segundo protagonista: Frank Johnson, tamén natural de Alabama, pero branco e xuíz. A el tocoulle dirimir como maxistrado, o caso da rebelde costureira, e fallou que quen se comportara ilegalmente non era Rosa, senón a compañía de transportes por establecer un sistema de segregación racial e inconstitucional. Organizouse un escandalo tremendo, pero esa sentencia foi o principio do fin das normas racistas.
(..) (Rosa e Frank) Non tiveron quedirixir unha revolución armada nin realizar fazañas fabulosas: ambos se limitaron a vivir con coherencia e integridade as súas propias, diminutas vidas, e eso xa é en si tan enorme proeza que lograron cambiar o rumbo da historia.”
Rosa Montero, El Pais Semanal.

“Raza é una poboación de seres humanos que comparten certos caracteres anatómicos observables e certas frecuencias de caracteres transmitidos xeneticamente.”
C. Esteva. Razas humanas y racismo.

“Ningún grupo é mais híbrido na súa orixe có dos europeos actuais, que son una mestura de hunos, ostrogodos, vandalos do Este, arabes do Sur e indoeuropeos do Caucaso. Na practica estableceuse que as categorías “raciais” corresponden a grandes grupos de cor de pel, e todos os casos dubidosos son distribuídos nestes grupos ou convertidos en razas novas de acordo co capricho do científico. Pero resulta que non importa demasiado como son asignados os grupos, porque as diferencias entre as principais categorías “raciais”, sen importar como estean definidas, parecen ser pequenas. A diferenciación “racial” humana en realidade non vai mais ala da cor da pel. Calquera uso das categorías raciais debe buscar a súa xustificación nalgunha outra fonte que non sexa a bioloxía. A característica mais notable da evolución e da historia humana foi o mínimo grao de diverxencia que existe entre as poboacións xeograficas en comparación coa variación xenética entre os individuos.”
R. C. Lewontin (1987): No esta en losgenes.
1. Que quere dicir híbrido?
2. Relación que sostén o racismo coa bioloxía
3. Argumentos empregados no texto
4. Paréceche que podemos seguir falando de “razas”?
5.Pensa: Os beizos dos chimpancés son mais finos cós dos individuos de pel branca, e os de pel negra teñen menos pelo no corpo. que che suxiren estes datos?

Cuestionando o concepto de raza.

Resulta moi difícil explicar ou xustificar cientificamente o concepto de “raza” porque:
a) A cor da pel vén determinada soamente por tres ou catro pares de xenes dos aproximadamente trinta mil que posúe cada individuo.
b) A pesar de que as “razas” parecen claramente diferenciadas unhas das outras, son mais as características comúns que as diferenciais e, de feito, a mestizaxe demostra que todos os humanos pertencemos a unha mesma especie que foi sufrindo variacións adaptativas que orixinaron as diferencias raciais.
c) Hai mais diferencias xenéticas entre un individuo e outro que entre unha “raza” e outra.
Hoxe en día é moi difícil determinar as bases para unha clasificación por raza da única especie humana. Tense dito que toda clasificación racial é arbitraria, xa que na actualidade non existen razas puras e algúns caracteres dunha raza tamén se atopan noutras. Si que hai diferencias xenéticas entre os grupos humanos, algunhas estan relacionadas con rasgos morfolóxicos observables, como a cor da pel e dos ollos, a textura do cabelo, ou os rasgos faciais; sen embargo, de aquí non se segue que haxa razas humanas, pois esta noción implica un illamento xeografico que nanosa especie non se deu nunca dun xeito absoluto.
As forzas climaticas foron consideradas como posibles fontes de presión selectiva para os caracteres. Un complexo conxunto de procesos adaptativos nos que interveñen a melanina, a radiación solar, o cancro de pel, o raquitismo, e a deficiencia de vitamina D, foron implicados na correlación entre pel palida e habitats nórdicos e entre pel escura e habitats tropicais.
As chamadas “razas” humanas son mais ben poboacións que ocupan un espacio xeografico concreto e amosan unha serie de características diferentes. Pero estas características son categorías de conveniencia, responden a decisión persoal dun taxónomo sobre cal é o mellor xeito de representar a variación xeografica. En calquera caso, son subpoboacións moi recentes da mesma especie sapiens que se separaron hai unhas poucas decenas de miles de anos e que amosan diferencias xenéticas moi pequenas.
As razas que a xente distingue (negra, branca ou mongoloides, asiaticos, africanos, etc.) non son categorías validas taxonomicamente. A discrepancia entre a idea popular de raza e a científica de taxonomía é tan grande que os antropólogos prefiren substituír o concepto de raza polo de poboación, pois unha poboación é simplemente un grupo no que os seus membros se cruzan entre eles e que amosan frecuencias xénicas diferentes cando se comparan cos grupos veciños.

4. Diferencias por sexo. O sistema sexo-xénero. O patriarcado. O androcentrismo.

O cambio de sexo: Contamos co exemplo de Jan Morris, famoso escritor de viaxes, membro dunha expedición britanicaque acadou o cumio do Everest. Era un home que se converteu en muller tras unha operación de cambio de sexo. Sempre se sentiu coma unha muller, pero comportouse durante moitos anos como un home. O seu cambio de sexo -e de vida- proporcionoulle unha serie de experiencias que lle permitiron percibir a diferenza entre os mundos nos que habitan as mulleres e os homes; así o relata nun libro de memorias escrito en 1974:
“Dise que a separación social entre os sexos estase a estreitar, pero eu só podo dicir que tras experimentar na segunda metade do século XX a vida nos dous papeis (masculino e feminino), paréceme que non hai ningún aspecto da existencia, ningún momento do día, ningún contacto, ningún intercambio, ningunha negociación ou acordo, ningunha resposta que non sexa distinta para os homes e as mulleres. O ton de voz co que agora se dirixían a min, a postura da persoa que tiña ao lado, a sensación cando entraba nunha habitación ou me sentaba na mesa dun restaurante, subliñaban constantemente o meu cambio de status.
Se as reaccións dos outros cambiaban, tamén o facían as miñas. Canto mais me trataban como unha muller, mais muller me facía. Adaptabame, queiras que non. Se se supoñía que era unha incompetente para dar marcha atras nos coches, ou para abrir botellas, atopabame estrañamente incompetente. Se se pensaba que unha maleta era demasiado pesada para min, inexplicablemente así a atopaba eu”
Jan Morris: El enigma.

-Por que o cambio de sexo lle supuxo un cambio de vida? Que quere dicir cando falado seu cambio de status?
- Aprendemos as capacidades moitas veces en función do noso sexo. Pero tamén aprendemos a sermos incapaces para realizar certas cousas por sermos homes ou mulleres. Isto coñécese como incapacidades aprendidas. Pon exemplos de unhas e de outras.

Simone de Beauvoir en O Segundo Sexo di: “Non se nace muller, chégase a selo”. Non se nace muller no sentido social do termo, senón femia, entendida no seu aspecto biolóxico, e por un proceso socio-histórico, aprende a comportarse como unha muller.
Algo semellante, no tocante ao home, parece indicar esta frase de Luis Cernuda cando di nun poema: ”Aprendín o oficio de home duramente”. Tampouco se nace home, chégase a selo.

“O xénero é a definición cultural da conducta entendida como apropiada aos sexos nunha sociedade dada e nunha época dada. Xénero é unha serie de roles culturais. É un disfrace, unha mascara, unha camisa de forza na que homes e mulleres bailan a súa desigual danza.”
Gerda Lerner (1990): La creación del patriarcado.

- Intenta explicar que entendes por xénero. Por que fala da mascara e do disfrace?

Do biolóxico ao cultural: o xénero.

A distinción entre sexo e xénero é fundamental para aclarar o problema da desigualdade sexual. Mentres que o sexo é un dato biolóxico que vén determinado polo aparello sexual externo e interno, os cromosomas e as hormonas, é dicir, nacemos home ou muller; o xénero, en cambio, é unha construcción cultural, adquirida e, polo tanto, modificable. O xénero é un rol ou papel (masculino ou feminino) que aprendemos a xogardende que nacemos e que nos acompaña, a veces como unha mascara, outras como un corsé, durante toda a vida. Todo o cultural ou adquirido esta tan arraigado en nós que chega a parecernos biolóxico ou natural, por iso é necesario un esforzo crítico para desenmascaralo.
O ser humano é o único animal que, ao vir ao mundo, esta desvalido por el mesmo para a subsistencia. O habitat que rodea a criatura recén nacida vai completar o que necesita para a vida, conformando o que sera a súa personalidade. A adquisición de habitos culturais ou socialización comeza dende o berce e non cesara mentres viva o individuo. E o berce xa ten que ser rosa ou azul. O masculino e o feminino constitúense xa na primeira infancia a través dos xogos, a imitación dos maiores, a escola, a televisión, e a relación cos adultos, na que os nenos e as nenas son condicionados xenericamente: refórzanse os comportamentos que son considerados propios do seu sexo e reprímense os outros a través de moitos mecanismos, como adxectivos pexorativos aplicados a conductas inapropiadas tales como “afeminado”, “marimacho”, ou frases feitas como “os homes non choran”, etc, construíndo así artificialmente o home racional, agresivo e competitivo, e a muller emotiva, maternal e dependente.

A orixe do patriarcado:

“A especialización dos machos na defensa do grupo e das femias na reproducción e nas actividades con ela vinculadas representa, desde o punto de vista evolutivo, un importante progreso, só posible pola existencia dunha organización social bastante desenvolvida. Canto mais se ascende na escalazoolóxica mais se converte a femia nunha especialista da reproducción. () A división do traballo entre o home e a muller é unha división desigual. () a subordinación da muller é o arquetipo de todas as xerarquizacións posteriores, baseadas na división do traballo (amo-escravo, señor-servo, capitalista-proletario).”
Umberto Melotti (1981): El hombre entre la naturaleza y la historia.

1. Sinala as ideas mais importantes do texto.
2.. Explica o que entendes por división sexual do traballo. Pon exemplos da vida cotia.

A supremacía masculina ou patriarcado consiste nunha “política sexual” exercida fundamentalmente polo colectivo de homes sobre o colectivo das mulleres. Este mecanismo de poder instaura unha xerarquía na que os homes ocupan postos de poder e as mulleres estan subordinadas. O patriarcado aparece como unha constante en todas as sociedades, incluso nas mais modernas e occidentais, manifestandose tanto de forma sutil como violenta. Hai que ter en conta que as mulleres tamén transmiten a cultura patriarcal a través da educación dos seus fillos.
A orixe da sociedade patriarcal produciuse porque nos albores da humanidade non se coñecía a relación causa-efecto entre o coito e o embarazo/ alumbramento. A maternidade era no Paleolítico unha calidade maxica das mulleres que as facía dignas de veneración (ex. Venus de Willendorf). Pero, xa no Neolítico, coa aparición da agricultura e a gandeiría, e cando xa se coñecía o papel do home na reproducción, organizaronse unha serie de estructuras para controlar a transmisión da propiedadeprivada aos fillos “lexítimos”. Para conseguir asegurar a paternidade, había que controlar a sexualidade das mulleres, e fíxose a través da instauración do matrimonio. Este control conleva a limitación da súa autonomía e a apropiación do seu corpo e da súa forza de traballo doméstico gratuito, o que axudou a pervivencia do patriarcado en todas as culturas coñecidas. Tamén conlevou a división sexual do traballo, facendo que os homes se ocuparan da producción e as mulleres da reproducción e do coidado. Esta foi a razón pola que as mulleres non tiveron acceso a organización social e política nin a educación. A división sexual do traballo -entendida como o reparto social das tarefas en función de sexo-, tradúcese nunha xerarquización en canto a valoración social e económica outorgada as funcións que unhas e outros desenvolven, chegando a producir unha manifesta desigualdade entre os sexos.
Despois dunha longa loita polos seus dereitos, as mulleres foron accedendo, entre outras cousas, ao control sobre a súa sexualidade; así, empezaron a ter menos criaturas e isto permitiulles incorporarse ao traballo remunerado fóra da casa e a vida pública, o cal esta a provocar moitos cambios na familia e na sociedade. Algúns, como a independencia económica, son positivos para as mulleres, pero traen a contrapartida da chamada “dobre xornada laboral”.
A antropóloga Sherry Ortner en 1974 explicou a superioridade masculina en todas as culturas do seguinte xeito: existe unha asociación universal entre muller e natureza por unha banda, e home e cultura por outra. As mulleres sonasimiladas ao natural pola función reproductora e pola menstruación, e os homes son identificados co cultural. Esta identificación aséntase na interpretación de que as mulleres reproducen a especie mentres que os homes crean ou producen a través da tecnoloxía, dos símbolos e da cultura; e iso é o que se considera especificamente humano, non a reproducción, que tamén a realizan as outras especies. Ademais de asociarse só co masculino, a producción técnica e cultural serve para dominar a natureza e, por asimilación con ela, as mulleres. Xa Simone de Beauvoir dicía no Segundo Sexo (1949) que consideramos que a cultura é superior a natureza (e ó home superior a muller) porque nas nosas orixes lle demos preeminencia ao sexo que mata (caza, guerra) sobre o sexo que simplemente da a vida e polo tanto non transcende ou supera a natureza, senón que permanece na inmanencia e a repetición.
O androcentrismo é a consideración implícita ou explícita de que o ser humano masculino (home) é o centro, a medida e o modelo para o conxunto da humanidade. Esta visón é compartida tanto homes como mulleres dun xeito consciente ou inconsciente e levaría a considerar a toda a humanidade de acordo cun modelo que sería o de: home, adulto, branco, heterosexual, occidental, con poder económico e instruído. Ese é sempre o suxeito que fala nos libros, que fai a Historia, a Ciencia, a Arte e a cultura en xeral. Os excluidos/as dese modelo simplemente se ignoran, ou ben son considerados como o “outro”, o extraño”, o “diferente”, non representativos dese “club tan restrinxido” (Sartre) que é a Humanidade.





Política de privacidad